Imagen de cabecera Imagen de cabecera
Procedemento para a realización dun encargo
  1. Póñase en contacto conmigo por teléfono, correo electrónico en ou cubrindo o formulario da sección de contacto para facer o seu pedido ou consulta.
  2. Unha vez que reciba os documentos, elaborarei un orzamento detallado, que lle enviarei por correo electrónico ou fax, indicándolle, ademais, a data estimada de entrega e as condicións de pagamento.
  3. Vostede acepta o orzamento e as condicións do pedido por calquera dos medios indicados no punto 1, ou ben solicita cambios, que serán analizados.
  4. Procédese á realización do traballo. Con referencia aos encargos de tradución, teña en conta o seguinte:
    • Documentación de referencia: toda aquela documentación de referencia da que dispoña e que teña posibilidade de enviar (glosarios, documentos/traducións anteriores sobre a mesma materia, etc.) repercutirá no prazo de entrega (poderá reducirse considerablemente), no custo (reducirase no caso de poderse aproveitar a dita documentación para realizar a tradución con ferramentas de tradución asistida) e, por suposto, na calidade da tradución, ao manterse a coherencia terminolóxica.
    • Instrucións: se desexa que se sigan certas instrucións na realización do encargo (canto a formato, terminoloxía que se ha de respectar, estilo, etc.), lembre indicalas antes do inicio do traballo, preferiblemente consignadas nun documento á parte.
  5. Os documentos traducidos, revisados e/ou corrixidos ou transcritos enviaránselle por correo electrónico ou fax (segundo se solicitase) na data e á hora previamente convidas.
  6. Por último, remitiráselle a factura correspondente, indicando nesta a forma e o prazo de pagamento previamente acordados.