Imagen de cabecera Imagen de cabecera
Servizos de tradución: alemán, castelán, galego, inglés e portugués Combinación de idiomas

Servizos de tradución

Hoxe en día, os servizos de tradución son tan necesarios como unha boa estratexia comercial ou un estudado plan de márketing empresarial.

Calquera empresa, independentemente do seu tamaño, realiza operacións moi diversas con entidades tanto do sector público coma privado. Con moita frecuencia, a realización e o éxito destas operacións dependen en parte dun servizo de tradución áxil, fiable e de calidade.

Iso é precisamente o que ofrezo como tradutora con experiencia en varios sectores e nas combinacións alemán/galego/inglés/portugués a castelán e castelán a galego.

Para solicitar información, sen compromiso ningún, pode poñerse en contacto comigo desde a sección de contacto.